jueves, 17 de octubre de 2013

PROXECTO LENDO A MARES. "PEIXARIO" 4º C


O proxecto de biblioteca deste curso 2013-2014,chámase 'Lendo a mares'. Trátase dunha campaña de animación a lectura na que participan moitos departamentos didácticos do I.E.S Leliadoura. A nosa primeira contribución a este proxecto consiste en elaborar un "peixario" á maneira dos bestiarios medievais,inspirados na lectura en clase de El libro de los seres imaginarios de Borges.Neste proxecto traballaremos os textos expositivos e descritivos.Intentaremos elaborar unha especia de catálogo de montros mariños fantásticos que incluirán unha ilustración realizada na clase de Educación Plástica e visual e unha descripción que traballaremos na clase de Ámbito Sociolingüistico.Tamén escribiremos textos expositivos sobre os animais reais dos que partiremos para a creación dos nosos seres fantásticos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario