Francisco José de Goya y Lucientes,
nado en Fuendetodos
(Zaragoza) o 30
de marzo de 1746 e finado en
Bordeaux (Francia)
o 16 de abril de 1828,
foi un pintor e gravador español.
A súa obra abarca a pintura de cabalete e mural, o gravado e o
debuxo. En todas estas facetas desenvolveu un estilo que inaugura o
Romanticismo. A arte goiesca
supón, así mesmo, o comezo da Pintura
contemporánea, e é considerado o precursor das vangardas
pictóricas do século XX.
Tras unha lenta aprendizaxe na súa terra
natal, no ámbito estílistico
do barroco tardío e as estampas
devotas, viaxa a Italia en 1770,
onde traba contacto co incipiente neoclasicismo,
que adopta cando marcha a Madrid a
mediados desa década, xunto cun pintoresquismo costumista rococó
derivado do seu novo traballo como pintor de cartóns para os tapices
da manufactura
real de Santa Bárbara. O maxisterio nesta actividade e noutras
relacionadas coa pintura de corte impoñíao Mengs,
e o pintor español máis reputado era Francisco
Bayeu, que foi cuñado de Goya.
Unha grave enfermidade da que adoece en 1793
lévao a achegarse a unha pintura máis creativa e orixinal, que
expresa temáticas menos amables que os modelos que pintara para a
decoración dos palacios reais. Unha serie de cadriños en folla de
lata, ós que el mesmo denomina de
capricho e invención,
inician a fase madura da obra do artista e a transición cara a unha
estética romántica.
Ademais, a súa obra reflicte o convulso
período histórico no que vive, particularmente a Guerra
da Independencia, da que a serie de estampas dos Desastres
da guerra é case unha reportaxe
moderna das atrocidades cometidas e compoñen unha visión exenta de
heroísmo onde as vítimas son sempre os individuos de calquera clase
e condición.
Gran popularidade ten a súa Maja
desnuda, en parte favorecida pola
polémica xerada en torno á identidade da bela retratada. De comezos
do século XIX datan tamén outros retratos que emprende o camiño
cara á nova arte burguesa. Ó final do conflito hispano-francés
pinta dous grandes cadros a propósito dos sucesos do levantamento
do dous de maio de 1808, que sentan un precedente tanto estético
como temático para o cadro
de historia, que non só comenta sucesos próximos á realidade
que vive o artista, senón que acada unha mensaxe universal.
Pero a súa obra culminante é a serie de
pinturas ó óleo sobre o muro seco con que decorou a súa casa de
campo (a Quinta do Xordo), as Pinturas
Negras. Nelas Goya anticipa a pintura contemporánea e os
variados movementos de vangarda que marcarían o século XX.
Tras unha lenta aprendizaxe na súa terra
natal, no ámbito estílistico
do barroco tardío e as estampas
devotas, viaxa a Italia en 1770,
onde traba contacto co incipiente neoclasicismo,
que adopta cando marcha a Madrid a
mediados desa década, xunto cun pintoresquismo costumista rococó
derivado do seu novo traballo como pintor de cartóns para os tapices
da manufactura
real de Santa Bárbara. O maxisterio nesta actividade e noutras
relacionadas coa pintura de corte impoñíao Mengs,
e o pintor español máis reputado era Francisco
Bayeu, que foi cuñado de Goya.
Unha grave enfermidade da que adoece en 1793
lévao a achegarse a unha pintura máis creativa e orixinal, que
expresa temáticas menos amables que os modelos que pintara para a
decoración dos palacios reais. Unha serie de cadriños en folla de
lata, ós que el mesmo denomina de
capricho e invención,
inician a fase madura da obra do artista e a transición cara a unha
estética romántica.
Ademais, a súa obra reflicte o convulso
período histórico no que vive, particularmente a Guerra
da Independencia, da que a serie de estampas dos Desastres
da guerra é case unha reportaxe
moderna das atrocidades cometidas e compoñen unha visión exenta de
heroísmo onde as vítimas son sempre os individuos de calquera clase
e condición.
No hay comentarios:
Publicar un comentario